Duarte Lobo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1565 (Gregoriano) Reino de Portugal |
Morte | 24 de setembro de 1646 (80/81 anos) Reino de Portugal |
Mestre de capela Catedral de Lisboa | |
1594 – | |
Mestre de capela Sé Catedral de Évora (pt) | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Eduardus Lupus |
Actividade | |
Ocupación | compositor |
Movemento | Música barroca |
Descrito pola fonte | Dicionario Musical Riemann (1901–1904) |
Duarte Lobo, nome latinizado como Eduardus Lupus, nado contra o ano 1565 e finado o 24 de setembro de 1646, foi un compositor portugués da época do Renacemento tardío e Barroco inicial. Foi o máis famoso compositor portugués da súa época. En conxunto con Filipe de Magalhães, Manuel Cardoso, e o Rei D. João IV é considerado un dos músicos da "época dourada" da polifonía portuguesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sábese pouco da súa vida. Naceu en Alcáçovas ou en Lisboa, e sábese que foi alumno de Manuel Mendes en Évora. O seu primeiro traballo foi o de mestre de capela da catedral de Évora; en 1594 era mestre de capela en Lisboa. Ensinou música no Colégio do Claustro da Sé en Lisboa, onde permaneceu polo menos ata 1639. Máis tarde dirixiu na capital a capela do Seminario de São Bartolomeu. Asinaba as súas obras como Eduardus Lupus.
Aínda que cronoloxicamente a súa vida se sobrepoña á época do Barroco, escribiu, tal como Manuel Cardoso, música esencialmente ao estilo e técnica contrapontística da Renacemento, como a da polifonía de Palestrina, tal como se podería esperar por ter vivido nunha zona illada das innovacións musicais de Italia e Alemaña. Publicou seis libros de música sacra, incluíndo misas, responsorios, antífonas, magnificats e motetes.
A súa música é altamente atractiva, con forza expresiva, tirando partido das características rítmicas e harmónicas do texto latino, en conformidade coas disposicións do Concilio de Trento.
Encóntranse dispersos por diversas cidades (Coímbra, Évora, Vila Viçosa, Valladolid, Sevilla, Munic, Londres e Viena) os exemplares de practicamente todo o que da súa obra se editou en Anveres (Plantin, 1602-1639) e en Lisboa (Craesbeck, 1607).
Algunhas obras
[editar | editar a fonte]- 1603 -Officium Defunctorum.
- 1605 -Cantica Beatae Virginis (16 Magnificat a catro voces).
- 1621 -Liber Missarum I.
- 1639 -Liber Missarum II.